Ourol Informa
Mañá sábado (21 de decembro) chegará a borrasca explosiva Fabien (ciclogénesis explosiva) ó noso concello, traerá ventos huracanados de 150 km/h, e durará dende as 15 horas da tarde ata as 12 da noite, ainda que o vento xa empezará a soplar as 12 da mañá. Pregamos non sair das casas entras 15 horas e as 12 da noite, non sendo por extrema necesidade, en caso de ter que sair moito coidados nas estradas; xa que pode haber arbores ou ramas caídas, ou en espazos o aire libre onde poden caer árbores ou obxectos de fiestras, balcóns ou tellados. Moi importante levar o teléfono móvil con un e asegurarse de que ten a batería a tope.
Protección Civil 20-Diciembre-2019 16:31