LEVANTAMENTO DA PROHIBICIÓN DE PLANTACIÓN DA PATACA NO CONCELLO DE OUROL
A Consellería do Medio Rural ven de declarar que o Concello de Ourol deixa de ser considerado como zona infestada pola couza da pataca e pasa a ser considerado como zona tampón.
Polo tanto levántase a prohibición de plantación de pataca no Concello de Ourol, pero cumprindo unha serie de medidas, tanto para a súa plantación como no seu almacenamento trala recollida.
Archivos adjuntos: |
Info General 21-Enero-2020 11:25
|