Volver a la lista

IV XUNTANZA DE MULLERES DO CONCELLO DE OUROL

Servicios Sociales

13-Febrero-2020 13:23

Imagen de evento

Con motivo da Celebración do día da Muller, o vindeiro 8 de marzo de 2020 ás 14:00 horas terá lugar no Centro Social de Merille a IV Xuntanza de Mulleres do Concello de Ourol. Esta xuntanza consistirá nunha comida-baile que serva de espazo de celebración dos logros alcanzados polas mulleres nunha sociedade que segue a ser desigualitaria pero tamén como acto reivindicativo dos dereitos que aínda nos quedan por alcanzar. As entradas poden recollerse no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol ata o día 4 de marzo. Será gratuita para as mulleres empadroadas e terá un custe de 20€ para non empadroadas.