Ourol Informa
SUSPENSIÓN DO PAGAMENTO OU DEVOLUCIÓN TAXA SERVICIO DE FISIOTERAPIA E EXENCION DA TAXA MUNICIPAL POLA RECOLLIDA DO LIXO PARA AS ACTIVIDADES SUSPENDIDAS POLO RD 463/2020 SERVIZO DE FISIOTERAPIA: Non procede esixir o prezo público, ou no seu caso procede a devolución do prezo público que grava este servizo dende o 13/03/2020 e ata o momento en que se produza o levantamento das suspensións impostas pola declaración do estado de alarma TAXA POLA RECOLLIDA DE LIXO: Afectará a todas as actividades suspendidas polo RD 463/2020, do 14 de marzo e/ou Resolución do 13 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Neste caso será precisa a solicitude previas dos interesados, e a acreditación mediante a presentación da declaración censal ou certificado da AEAT do IAE da anualidade do 2020, cuxo epígrafe se axuste ás actividades suspendidas. No caso de que as solicitudes se presenten con posterioridade ao fin do prazo do pagamento e xa se tivera producido este, procederase á devolución correpondente. O disposto no punto anterior terá unha vixencia a contar dende o 13/03/2020 e mentres dure o estado de alarma. O prazo de presentación de solicitudes será dende o 14/05/2020 ata o 29/05/2020. En todo caso, estas solicitudes deberán relaizarse preferentemente de maneira telemática, agás os obrigados a relacionarse por medios electrónicos.
Info General 14-Mayo-2020 10:04