Mañana luns día 15 de xullo de 2019 continuamos as rutas da Iniciativa Xuvenil A Lama, paso a paso.
A saída será nesta ocasión para facer o Roteiro da Liberdade .
A saída será ás 9:00h desde a Casa Consistorial de A Lama, e a volta faremola arredor das 14:00h ao mesmo lugar.
O vindeiro venres 19 saída será nocturna e o lugar a carballeira das Ermidas para observar estrelas, constelacións e contar lendas. Saída ás 22:00h desde a Casa Consistorial e regreso ás 23:30.
Os mozos entre 14 e 30 anos poderan trasladarse no microbús municipal ata completar ás 16 prazas, o resto dos participantes terán que desprazarse en coches particulares ata o punto de inicio da ruta.
Aínda que A Lama, paso a paso é unha iniciativa dirixida a xuventude a actividade ten carácter interxeneracional polo que poderan anotarse nos roteiros veciños de tódalas idades e menores de 14 anos acompañados de familiares ou titor.
Archivos adjuntos: |
Cultura y ocio 14-Julio-2019 09:33
|