Se aínda non o fixeches, lembra que vindeiro martes 30 de xullo finaliza o prazo de inscrición para pequenos e maiores na actuación de Títeres Toribio de Mañón a cargo da compañía Viravolta títeres que se vai celebrar o mércores 31 de xullo no edificio Multiusos de A Lama, as 12:00h.
A Actividade está organizada pola Axencia de Lectura Municipal e o Programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
Para inscribirte ou informarte podes pasar pola biblioteca de A Lama ou chamar ao telef. 986 76 82 38 (ext4)
Archivos adjuntos: |
Cultura y ocio 30-Julio-2019 12:10
|