O Concello de A Lama levará a cabo un Programa de actividades de fomento da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero con cargo á subvención da Deputación Provincial de Pontevedra, que outorga unha subvención de 4.740 euros para esta finalidade. Tamén se desenvolveu con cargo a esta subvención o Curso preparatorio das probas para a obtención da ESO, que se desenvolveu dende xaneiro a xuño de 2019
En concreto desenvolveránse as seguintes actuacións dirixidas ás mulleres do Concello de A Lama:
Obradoiro de habilidades sociais e intelixencia emocional
Destinatarias: Mulleres do Concello A Lama
Duración: 20 horas
Data inicio: 5 de novembro 2019
Data límite inscrición: 4 de novembro
Obradoiro de técnicas de búsqueda de emprego e emprendemento feminino
Destinatarias: Mulleres do Concello A Lama
Duración: 20 horas
Data inicio: 18 decembro 2019
Data límite inscrición: 17 de decembro
Curso de defensa persoal para mulleres
Destinatarias: Mulleres do Concello A Lama
Duración: 12 horas
Data inicio: 9 novembro 2019
Data límite inscrición: 8 de novembro
Para inscribirse aos obradorios/curso nas Oficinas do Concello de A Lama, en horario de 09.00 a 14.00 de luns a venres. Para mais información no teléfono 986768238 Extensión 6.
Archivos adjuntos: |
Noticias 18-Octubre-2019 09:16
|