Pazos de Borbén Informa
Continuamos coas actividades e o mércores día 20 de Novembro teremos un novo espectáculo de O Mago Paco de A illa dos nenos co nome de "MAXIA VS. CIENCIA" que mestura dúas disciplinas, a Ciencia e a Maxia, que a priori non teñen nada en pero acabará demostrando o moito que se parecen e todo o que comparten unha vez que nos achegamos a elas dunha maneira diferente e moi divertida. Coa axuda deste mago un tanto tolo e fascinado polo mundo dos experimentos e da maxia a partes iguais, descubriremos algúns dos porqués dalgunhas das diferentes partes da ciencia como: As cores, as matemáticas, o son, a astronomía ou os efectos ópticos e de 3D. As veces sen poder case distinguir se verdadeiramente é cousa de maxia ou polo contrario, o que vemos, tocamos ou facemos ten unha explicación científica. Un espectáculo dinámico e moi entretido que interactúa constantemente cos participantes facéndoos cómplices e protagonistas de cada experiencia. Terá lugar en dúas sesións ás 11:00 e ás 13:00 horas nas que participarán os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos. Estas actividade enmárcase no programa de divulgación científica en galego incluído no proxecto de promoción e dinamización da lingua galega do Concello de Pazos de Borbén patrocinado pola Deputación Pontevedra. https://bibliopazos.blogspot.com/2019/11/maxia-vs-ciencia-espectaculo-de.html?spref=fb&m=1

Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 19-Noviembre-2019 10:28