No mes de novembro recuperamos esta actividade que fora aprazada no mes de marzo pasado debido á pandemia do COVID-19.
Con ela conmemoraremos o Día Mundial da Narración Oral e tamén rematamos as actividades organizadas dentro da VIII Edición do Festival Internacional de Narrración Oral "ATLÁNTICA" na que participa por terceiro ano consecutivo o Concello de Pazos de Borbén.
Así, o venres 6 de novembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello, contaremos coa actuación do actor, director, docente, productor e distribuidor teatral RAMIRO NEIRA que nos traerá o seu espectáculo para público infantil e familiar "PREPARADOS, LISTOS, XA!" no que "a través de contos e cancións dos distintos continentes e distintas culturas que conforman o planeta onde vivimos, os nosos protagonistas tentarán de superar, coa axuda do público, unha proba que ninguén ata o de agora foi quen de lograr: dar a volta ao mundo en menos dunha hora!"
Están convidados a asistir a este evento os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
Para calquera información sobre esta programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por e-mail biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
NON VOS ESQUEZADES!!!
NO CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN E EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Archivos adjuntos: |
Cultura e Ocio 05-Noviembre-2020 19:24
|