Pazos de Borbén Informa
Para rematar este ano difícil para todos debido á pandemia do COVID-19 e despois de ir retomando as actividades pouco a pouco, desde BIBLIOPAZOS volvemos a organizar neste mes de Decembro diversos eventos dirixidos aos escolares do municipio para seguir fomentando a animación á lectura, o espírito de Nadal, difundir a ciencia en galego, e recuperar o noso patrimonio inmaterial a través da recuperación da memoria toponímica do concello.

Para elo temos organizado, entre outras, a seguinte actividade na que participarán os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e que terá lugar o xoves 17 de decembro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello contaremos coa presencia de Patricia Martínez de Eduvia Xestión Cultura e Lecer SL que nos traerá o seu espectáculo "CONTACONTOS DE NADAL".

Este espectáculo busca a comunicación co público co fin de acadar o obxectivo educativo perseguido sempre dentro dun entorno de xogo e diversión no que os rapaces e rapazas gozarán dunha sesión chea de amenos contos adaptados ás súas idades que lles irá relatando a contadora co obxectivo de fomentar o hábito lector á vez que se contaxia o espírito do Nadal.

Para este evento non podemos convidar ao público en xeral a participar del debido aos protocolos da pandemia do COVID-19; pero queremos que a cidadanía do noso concello non se esqueza de que EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.




Archivos adjuntos:
Cultura e Ocio 14-Diciembre-2020 08:01