A segunda actividade prevista para a conmemoración durante este mes de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, terá lugar o próximo
Mércores 21 de Abril ás 13:00 horas no Auditorio do Concello e contaremos de novo coa presenza do escritor MIGUEL ANGEL ALONSO DIZ que nos traerá unha contada denominada "CONTOS DIVERSOS" á que se ten prevista a asistencia dos alumnos de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos. Neste contacontos coa participación activa dos asistentes nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, fomentarase aspectos relacionados cos valores da igualdade, respecto á diferenza e á diversidade. Tamén se traballará vocabulario en lingua galega, os números, as vocais; así como a motricidade e a coordinación. Finalizado o contacontos farase unha actividade de debuxo cos participantes no que se pretende trasladar aos asistentes a idea de que a diversidade é positiva, é riqueza, é vida. ANÍMATE!!! PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!! ESPERÁMOSTE!!! Archivos adjuntos: |
Cultura e Ocio 14-Abril-2021 08:10
|