No próximo mes de Abril conmemoraremos con tres interesantes actividades, dúas importantes datas relacionadas co libro e as bibliotecas: o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, o 2 de abril, e o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, que se celebra o día 23 dese mesmo mes.
A primeira delas, que terá lugar o xoves e venres 8 e 9 de abril de 17:00 a 21:00 horas, virá da man da contadora viguesa ANA FACCHINI, que nos traerá o seu espectáculo "CONTOS POR TELÉFONO". Contos por teléfono! Última chamada!Aínda non reservaches a túa praza!A que esperas?Só tedes que facer a reserva, xa que as PRAZAS SON LIMITADAS, e teredes unha historia especialmente pensada para vós, ao outro lado do fío. Esta actividade recolle a idea da coñecida obra de Gianni Rodari e nace a partir da participación da contadora nun proxecto de voluntariado, dirixido aos maiores e diversos colectivos en risco de exclusión social, para acompañalos nos duros momentos de soidade e confinamento vividos pola COVID-19. Na tradición máis antiga as comunidades escoitaban contos e lendas arredor dunha lareira. Os tempos mudaron e hoxe o encontro prodúcese a través de pantallas e teléfonos, pero a maxia das historias compartidas, esa, permanece e sempre, sempre será a mesma. A sesión iníciase cun xogo introdutorio, que procura a complicidade co oínte, seguido da narración propiamente dita e unha fórmula de despedida que convida a descubrir novos mundos e aventuras a través dos libros. As persoas interesadas deberán achegarse á biblioteca entre o 26 de marzo e o 7 de abril, ou chamar ao teléfono 986 497 273, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para inscribirse na actividade e escoller a hora aproximada á que queren recibir o seu conto. Ana Facchini levaravos a un tempo e a un espazo máxicos, os da infancia e os soños, nos que con cada historia se nos propón unha viaxe diferente. E hai historias e viaxes para todas e todos, GRANDES, Medianos e pequenos, porque esta é unha proposta dirixida ao público de calquera idade, desde os 5 aos 150 anos. ANÍMATE!!! PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!! ESPERÁMOSTE!!! Archivos adjuntos: |
Cultura e Ocio 25-Marzo-2021 14:09
|