Ourol Informa
Vaise proceder a facer unha campaña voluntaria de vacinación antirrábica e de desparasitación contra o quiste hidatídico neste termo municipal.
Para elo se puxo en contacto co concello Julia Crespo (colexiada 1387) que xa  fixo en anos anteriores esta campaña.
A campaña de vacinación farase casa por casa, toda vez que está prohibida a concentración de cans.
Os prezos destes servizos son:
- Vacina rabia e tratamento antiparasitario contra a hidatidose: 15 euros.
- Implantación do microchip con crédito alta Regiac: 35 euros.
O calendario de vacinación será o seguinte:
- MERCORES 28 DE ABRIL: PARROQUIAS DE XERDIZ, MIÑOTOS E OUROL
- VENRES 30 DE ABRIL: PARROQUIAS DE MERILLE, BRAVOS, SISTO, AMBOSORES E SAN PANTALEON.
Para confirmar o seu interese, así como nos seguintes supostos: se non vacinou o seu can o ano pasado ou non puidese facelo nas datas sinaladas prégase se poña en contacto co veterinario resonsable da campaña no seguinte teléfono: Julia Crespo: 628-276428.





Archivos adjuntos:
Info General 09-Abril-2021 12:31