Ourol Informa

CONCESIÓN DE AXUDAS ECONÓMICAS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA NON COMPETITIVA, PARA PERSOAS COIDADORAS DENTRO DO PROGRAMA DE RESPIRO FAMILIAR  (Consellería de Política Social. Xunta de Galicia)


- OBXECTO: Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das persoas coidadores

- MODALIDADES:

-      Respiro no Fogar

-      Respiro en Residencia

- PERSOAS BENEFICIARIAS: Persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada a unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria

- REQUISITOS:

-      Que a persoa coidadora solicitante ou a a persoa ou persoas ás que atenda residan na Comunidade Autónoma de Galicia

-      Que a persoa que se atende presenta calquera das seguintes situación:

o   Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecido polo organismo competente unha discapacidade igual ou superior ó 75%

o   Ter recoñecida unha situación de dependencia polo organismo competente no grao II ou III

o   Que a persoa que se atende, a pesar de non cumprir coas epígrafes anteriores, presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

- TIPO DE AXUDA E CONTÍA

-      MODALIDADE DE RESPIRO:

o   Prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade  co obxecttivo de ofertarlle ó seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para contribuir ás súas necesidades puntuais derivadas da conciliaciónd as obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan. 

o   Deberá ser prestado por persoal profesional legalmente acreditado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais e contratado directamente pola persoa coidadora.

o    A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións e cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano

-      MODALIDADE DE RESPIRO RESIDENCIA:

o   Consistirá nunha achega para contribuir ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados.

o   As persoas coidadoras solicitantes da subvención serán as que aboen o importe total da estadía que hai que pagar

o   A axuda consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións previstas cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano

o   Os centros residenciais elixidos deberán estar autorizados pola Consellería de Política social

- PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 30 de setembro de 2021

- PERÍODO SUBVENCIONABLE: Dende o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021




Servicios Sociales 10-Junio-2021 14:12