06-Agosto-2021 09:03
CINE NA RÚA EN OUROL: MARÍA SOLINHA (Ignacio Vilar)
Este domingo 8 de agosto ás 22:15 h terá lugar, na Praza situada detrais do Concello, unha proxección do filme María Solinha do director galego Ignacio Vilar.
Este filme narra a historia dunha muller que foi acusada inxustamente de bruxería pola Inquisición no século XVII para espoliala dos seus bens.
María Solinha aborda o tema da violencia contra as mulleres nunha trama que se desenvolve entre o século XVII e o século XXI.
Ignacio Vilar recupera ese personaxe histórico dende unha óptica feminista como unha metáfora contra toda agresión machista e como unha reinvidación pola igualdade de xénero.
O elenco de protagonistas está formado por Laura Míguez, Grial Montes, Santi Prego, Antonio Durán “Morris", Mabel Rivera e Mela Casal.
O prestixioso músico lucense Abrahan Cupeiro asina a música do filme, na que incorpora instrumentos milenarios.
Esta actividade está subvencionada cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero para entidades locais.
Contaremos con todas as medidas de seguridade, aforo, hixienización … etc derivadas da situación actual de COVID-19.