Ourol Informa

BONO COIDADO: AXUDAS ECONÓMICAS ÁS FAMILIAS PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS ESCOLARES PARA O ANO 2021 (DOG Nº 151 DE 9 DE AGOSTO DE 2021)

OBXECTO: Concesión de axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata 12 anos de idade incluidos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2021.

ACCIÓNS E GASTOS SUBVENCIONABLES:

*NECESIDADES PUNTUAIS:

1.- Enfermidade ou accidente do/a neno/a ou persoa coidadora.

2.- Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do/a neno/a.

3.- Situacións puntuais de coidado de familiares ata o segundo grao de parentesco que impidan a atención do/a neno/a.

4.- Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do/a neno ou nena.

*NECESIDADES EN PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES: sempre que se acredite a imposibilidade de facerse cargo da atención do/a neno/a por motivos laborais.

GASTOS SUBVENCIONABLES:

1.- Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar para o coidado do/a neno/a.

2.- Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.

3.- Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social (ludotecas, espazos infantís ou servizos de atención á infancia)

4.- Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación específicamente organizados para a  atención dos nenos e nenas nos periodos vacacionais escolares.

TIPO DE CONTÍA E AXUDA:

-          500€ por unidade familiar no caso de contratación dunha empregada de fogar ou de servizo de atención á infancia a domicilio.

-          200€ por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos específicamente organizados para atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: ata o 30 de setembro de 2021

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento BS412A)

 




Info General 12-Agosto-2021 12:35