Ourol Informa

Dende o Concello de Ourol, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero, vanse a levar a cabo os seguintes actos nas vindeiras semanas:

III ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Como acto de repulsa colectiva contra esta lacra social que acaba coa vida de tantas mulleres a mans das súas parellas ou exparellas cada ano. Neste acto tamén se dará lectura por parte do alcalde dun manifesto de repulsa contra calquer acto de violencia machista e como símbolo do compromiso e implicación na loita contra a violencia de xénero.


Esta andaina terá lugar o día 25 de novembro polo Paseo da Rega ás 11:30 H.

OBRADOIRO DE FORMACIÓN EN VIOLENCIA DE XÉNERO. Esta actividade, que vai dirixida a toda a poboación, terá lugar o vindeiro día 29 de novembro ás 17:00 h. no Edificio Multiusos e ten como obxecto sensibilizar e concienciar á cidadanía na eliminación de prexuizos de xénero, e a necesidade da educar en igualdade para contribuir a unha sociedade máis xusta e sen discriminacións e agresións cara as mulleres.

 






Archivos adjuntos:
Info General 12-Noviembre-2021 09:14