A través de "brióninforma", o concello envía periodicamente, bandos, novas, edictos, avisos, consellos ou calquera outra información relevante da vida municipal
Xa fai catro anos cando o Concello de Brión poñía a disposición da veciñanza a aplicación para móbiles "brióninforma". Está é unha aplicación destinada ao envío de notificacións emerxentes e instantáneas coas que os habitantes están informados as 24 horas do día do que sucede no Concello. Ademais desta funcionalidade a app tamén dispón do módulo COMUNICA dende o cal calquera persoa pode enviar ao concello incidencias, consultas ou propostas de maneira inmediata engadindo imaxe e xeolocalización e con un sistema de seguimento do estado das mesmas en tempo real. Esta aplicación, que debe instalarse no smartphone, pode obterse de maneira totalmente gratuíta dende a PLAY STORE ou APP STORE. Fai uns días a app ven de sufrir unha importante renovación. Por un lado o cambio mais salientable é que mudou o seu aspecto a unha interface moito mais moderna e amigable. Ademais doutra serie de melloras, como a opción de poder escoller idioma, agora o veciño ou veciña pode recibir as comunicacións por outras canles alternativas a propia app como son os sms, correo electrónicos, telegram, twitter ou mesmo por whatsapp. Estes novos servizos, que seguen sendo totalmente gratuítos, poden activarse dende a web www.bandomovilpremium.com/brion. Archivos adjuntos: |
Novas 12-Noviembre-2021 10:48
|