14-Febrero-2022 09:38
CONVOCATORIA CURSOS DE LINGUA GALEGA CELGA 1, CELGA 2, CELGA 3 E CELGA 4
DESTINATARIOS
Todas as persoas interesadas, maiores de 16 anos.
MODALIDADE
Cursos presenciais e cursos en liña
REQUISITOS PARA OS CURSOS EN LIÑA
Dispoñer dun equipo informático que cumpra cos seguintes requisitos técnicos:
- Ordenador con conexión a Internet.
- Conta de correo electrónico.
- Micrófono ou calquera medio alternativo que permita gravación de voz.
- Recomendase navegador web última versión de Firefox.
PRAZO DE SOLICITUDE
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán acceder ao enderezo electrónico https://formacion-lingua.xunta.gal, seleccionar o curso que desexen e cubrir a solicitude de inscrición. Non serán admisibles outras formas de presentación das solicitudes. Só se pode inscribir nun único curso.
O prazo de presentación remata o día 7 de marzo do 2022.
MAIS INFORMACIÓN
Doga nº 30, do luns 14 de febreiro de 2022.
No teléfono 982 55 90 19 (Casa da Cultura de Ourol)