• A música e o bo humor centrarán a celebración deste ano do entroido que non contará con desfile pola imposibilidade de contar coa vistosidade das comparsas por mor da Covid-19.
O entroido deste ano celebrarase o vindeiro VENRES 4 de MARZO na Alameda da Lama onde o Concello instalará unha carpa xigante que dará acubillo ás distintas actividades que se desenrolarán ao longo da tarde-noite. A primeira delas estará adicado aos máis pequenos da casa que terán animación infantil a partir das 18 horas a cargo do grupo Os Ilusionistas. A partir das 20 horas terá lugar o Festival de Murgas protagonizado pola Murga do Naveiro, Os do Val do Lérez e Equipo Ja, grupos moi coñecidos e habituais do entroido pontevedrés abrindo parte dos festexos carnavalescos na capital da provincia. Despois da intervención das murgas, as persoas que se acheguen ata a Alameda da Lama poderán degustar dunha gran chocolatada con churros gratuíta e participar no Baile de Entroido amenizado polo dúo Prisma que será o encargando de animar aos asistentes e de dinamizar o concurso de disfraces individual e de parella que se desenvolverá ao longo do evento. Os gañadores nas categorías de individual e parella recibirán unha estatuiña do Conde Cabanelas, natural de Covelo da Lama e impulsor da saída á rúa do mítico Carnaval de Río de Janeiro e persoa á que se honra desde o Concello cando se realizan este tipo de actividades. Este novo formato adoptado polo Concello da Lama suple ao habitual desfile multitudinario que desde hai anos e antes da chegada da pandemia protagonizaba o entroido lamense. A nova normalidade e a imposibilidade de contar coas compartas nesta edición fixo que os responsables de Cultura do Concello optaran por esta nova forma de celebrar o entroido. Achegate a Alameda e disfruta do Entroido 2022 da Lama ¡¡¡ Archivos adjuntos: |
Cultura y ocio 24-Febrero-2022 16:25
|