09-Junio-2022 11:48
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) ten previsto celebrar no Concello de Ourol un CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO MANEXO DE MOTOSERRA E ROZADOIRA.
DESTINATARIOS: Persoas traballadoras maiores de idade con interese na actividade a que se dirixe o curso. No caso de haber máis solicitudes que prazas os criterios de selección son:
1.- Grupo de prioridade 1: persoas con vinculación laoral ou formación na materia.
2.- Grupo de prioridade 2: resto de persoal
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 27 ao 29 de xuño de 2022 en horario de 09:00 a 14:00 horas
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Edificio Multiusos do Concello de Ourol
DURACIÓN: 15 horas
NÚMERO DE PRAZAS: 15
SOLICITUDES: As persoas interesadas deberán utilizar o formulario que se recolle no Anexo II e que se atopa dispoñible en formato editable na web do Issga (http://issga.xunta.gal).
Xunto coa solicitude achegarase tamén:
- Copia do DNI/NIF/NIE/Pasaporte.
- De ser o caso, documentación xustificativa de pertenza ao colectivo prioritario (contratos de traballo ou títulos de formación)
PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: Ata o 22 de xuño de 2022 no correo electrónico: formacion@conformaforestal.com
INFORMACION: 981-551704