01-Julio-2022 10:19
Está aberta a selección de persoal laboral temporal para a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais e de conductores do vehículo motobomba no Concello de Ourol.
Os postos a cubrir son:
- Un Xefe de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Un Peon Conductor de Incendios, tres meses a xornada completa
- Tres Peons de Brigada de Incendios, tres meses a xornada completa
- Tres Conductores de vehículo motobomba, tres meses a xornada completa
O prazo de presentación de instancias estará aberto ata ao 7 de xullo de 2022 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao teléfono 982-559109.
As bases están expostas na sede electrónica do concello de Ourol, podéndose consultar no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es