Ourol Informa
Os días 5, 6 e 7 de agosto teremos no multiusos do concello de Ourol a exposición Luces alén de mar: as escolas de americanos en Galicia.

Esta exposición pretende recoller e difundir as realizacións que con cartos americanos (enviados polos indianos pero sobre todo polas sociedades de instrución creadas polos nosos emigrantes con ese fin) no eido educativo en Galicia.
Para introducir o tema faise unha valoración do que supuxo a emigración na nosa terra, o tema das fundacións indianas, a creación das macrosociedades (Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia na Habana, Centro Galego da Habana, Centro Galego de Bos Aires, etc. como sociedades instrutivas para os nosos emigrantes alá en América e ata a actualidade), a situación do ensino en Galicia a finais do século XIX e comezos do XX, a xénese das sociedades microterritoriais de carácter instrutivos e as súas realizacións nos seus pobos e parroquias de orixe (no momento da súa creación e na actualidade), os programas educativos que se facían nesas escolas de americanos, o enxoval, o día a día nas clases, a repercusión que na sociedade galega tivo a creación desas escolas, a situación dos edificios escolares na actualidade, etc.
Entrada gratuíta.
Consulta os horarios no arquivo adxunto.


Archivos adjuntos:
Biblioteca 28-Julio-2022 19:08