Ourol Informa
MEDIDAS PARA UN CONSUMO RACIONAL DE AUGA DEBIDO A SITUACION DE SECA EXISTENTE Debido a seca que estamos sufrindo as reservas de auga dos abastecementos muncipais do Concello de Ourol están comenzando a escasear, e visto que por mor da seca a Xunta de Galicia activou o estado de Prealerta Hidrolóxica na demarcación hidrolóxica Galicia-Costa;  apélase a corresponsabilidade cidadá para facer un racional da auga, e desde o Concello de Ourol prégase a todos os veciños usuarios dos abastecementos municipais de auga do noso concello, que se poñan en práctica as seguintes medidas:
- Que limiten na medida do posible o consumo de auga.
- Que se utilice a auga procedente do abastecemento municipal só para o consumo humano e uso doméstico.
- Que non se utilice a auga procedente do abastecemento municipal para o lavado de vehículos.
- Que non se utilice a auga procedente do abastecemento municipal para regar cultivos e pastos.
-Que non se utilice a auga procedente do abastecemento municipal para o enchido e limpeza de piscinas.




Archivos adjuntos:
Abastecimientos de agua 12-Agosto-2022 11:09