Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada parcial (50%) Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal con duración de ata o 31 de outubro de 2022. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 18 ao 23 de agosto de 2022 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 17-Agosto-2022 09:33
|