25-Agosto-2022 14:13
Están expostas as bases de selección tanto de alumnos participantes como do persoal docente do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VI que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo.
Os postos convocados son:
- 1 director do obradoiro
- 2 monitores/as de carpintaría de madeira
- 1 monitor/a sociosanitaria
- 1 administrador/a a media xornada
Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e 3 de carpintaría de madeira)
Selección: A selección de todos estos postos será os seguintes días no Concello de Muras e co seguinte horario :
- Director: 9 de setembro ás 9:30 horas
- Administrador/a: 9 de setembro ás 10:30 horas
- Monitor/a de atención sociosanitaria: 9 de setembro ás 11:30 horas
- Monitores/as de carpintaría de madeira: 9 de setembro ás 12:30 horas
- Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 7 de setembro ás 09:30 horas
- Alumnos módulo de sociosanitaria: 8 de setembro ás 09:30 horas
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es