Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de un/unha auxiliar de fogar a xornada completa Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será do 3 de outubro de 2022 ao 31 de xaneiro de 2023. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 12 ao 20 de setembro de 2022 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 09-Septiembre-2022 12:23
|