AXUDAS PARA OS PERMISOS DE CONDUCIÓN CLASES B, C e D
Importe das axudas: 400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D (novidade nesta convocatoria) Requisitos (no día de presentación da solicitude): -Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D - Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano. - Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. - Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude. Prazo e forma de presentación: As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal Documentación que debe presentarse coa solicitude: -Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido. -Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano. -Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación). -Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato). Máis información no DOG do 28 de setembro de 2022 ou no teléfono 982 87 09 56 (Espacio Xove de Viveiro). Tamén na páxina da xunta http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/23926-orde-de-axudas-para-os-permisos-de-conducion-clase... |
Info General 29-Septiembre-2022 09:13
|