Ourol Informa

Bonos Activa Comercio do Programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas


OBXECTO:

Incentivar a demanda comercial axudando económicamente as persoas consumidoras a fomentar o cunsumo nos establecementos comerciais retallistas adheridos á campaña.

COMERCIOS MINORISTAS QUE PODEN ADHERIRSE A ESTE PROGRAMA DE BONOS:

Desde o 13/10/2022 ata o 30/11/2022, os establecementos comerciais retallistas interesados poderán solicitalo na web www.bonosactivacomercio.gal.

Requisitos para poder adherirse:

-          Desenvolver a súa actividade comercial en Galicia.

-          Ser empresarios autónomos ou pequenas e medianas empresas.

-          Estar de alta nalgún dos epígrafes do IAE que aparecen na orde publicada no DOG de 11/10/2022.

CONDICIÓNS DE USO DOS BONOS:

Para a solicitude e obtención dos bonos, cada usuario deberá darse de alta previamente na web www.bonosactivacomercio.gal e indicar a seguinte información: Nome e apelidos, Localidade de residencia, Maioría de idade, DNI, Tfno móvil, Correo electrónico.

Cada persoa beneficiaria disporá dun único bono que poderá ser usado nun ou en varios comercios retallistas adheridos ao programa.

Cada bono terá un valor de 30 €. En función do importe das compras, poderán obter os seguintes descontos:
- Desconto de 5 € en compras iguais ou superiores a 20 € e inferiores a 30 € (IVE incluído).
- Desconto de 10 € en compras iguais ou superiores a 30 € e inferiores a 50 € (IVE incluído).

- Desconto de 15 € en compras iguais ou superiores a 50 € (IVE incluído).

DATA DE ACTIVACIÓN DOS BONOS:

Os bonos estarán disponibles na web www.bonosactivacomercio.gal para a súa descarga polos usuarios a partir do 24/10/2022 e a súa validez estenderase ata o 31/12/2022.

INFORMA: 

Orde do 29 de setembro de 2022 da Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 194 de data de 11/10/2022)

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109

Emprego 11-Octubre-2022 09:53