O Instituto de Maiores e Servizos Sociais (Imserso) informa que desde hoxe martes 13 de decembro de 2022, ábrese novamente o prazo de presentación de solicitudes para participar, na tempada 2022-2023, no Programa de Turismo para persoas maiores. Por este motivo, todas as persoas interesadas en poder gozar das viaxes, que non estean dados de alta e que cumpran cos requisitos legais de participación, deberán cubrir a solicitude e presentala por calquera dos medios previstos na Orde SCB/926/2018, do 10 de setembro, pola que se regula o Programa de Turismo do Imserso, isto é:
A presentación da solicitude é indispensable para que o Imserso, tras efectuar as comprobacións oportunas, poida ditar a Resolución que acredita a condición de persoa beneficiaria do Programa de Turismo, que recibirá o solicitante no seu domicilio ou poderá descargala na súa Dirección Electrónica Habilitada Única; desta forma, o titular da acreditación, poderá reservar e comprar as prazas dispoñibles. PARA MÁIS INFORMACIÓN PODE CONTACTAR Ó DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO: 982559109/677489457 |
Servicios Sociales 15-Diciembre-2022 10:28
|