Ourol Informa

NORMATIVA:

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de axuda ao alugueiro de vivenda do Plan estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, e se procede á súa convocatoria, con financiamento plurianual, para o ano 2023 (códigos de procedemento VI483A e VI483B). DOG nº236 de 14 de decembro de 2022.


OBXECTO:


Facilitar o goce dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.

Convócanse estas axudas para a anualidade 2023, con carácter plurianual.

RENDA DA VIVENDA:

Non poderá superar o seguintes importes, dependendo do concello en que estea situada: 400 € para as vivendas situadas no Concello de Ourol.

REQUISISTOS ECONÓMICOS:

Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, consten ou non como titulares do contrato de alugamento, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM (20.844,72).. O límite será de 4 veces o IPREM (27.792,96) no caso de que a unidade de convivencia sexa unha familia numerosa de categoría xeral ou dentro dela haxa persoas con discapacidade ou vítimas de terrorismo. O límite será de 5 veces o IPREM (34.741,2). cando a unidade de convivencia sexa familia numerosa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade cun grao recoñecido igual ou superior ao 33 %

CONTÍA E DURACIÓN DA AXUDA:

Axuda do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugueiro da súa vivenda habitual e permanente.

A axuda concederase anualmente e poderá acadar o prazo máximo de cinco anos. Non obstante, para poder desfrutar das anualidades do segundo e posteriores anos deberá solicitarse a renovación anual.

PRAZO:

Comezará o 2 de xaneiro de 2023 e rematará o 5 de maio de 2023 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

Para solicitudes e máis información poden dirixirse ó departamento de servizos sociais do Concello de Ourol

Servicios Sociales 16-Diciembre-2022 13:41