Ourol Informa
PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.

 

OBXECTO:

Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO.

COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN:

Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave:

-          Comunicación en lingua galega

-          Comunicación en lingua castelán.

-          Comunicación en lingua extranxeira (inglés)

-          Competencia matemática.

No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 13 de febreiro de 2023.

DOCUMENTACIÓN:

-          Modelo de solicitude (Anexo I) (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal)

INFORMACIÓN:

-          Resolución do 22 de novembro de 2022 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOG nº 6 de 10 de xaneiro de 2023).

-          Instituto Galego das Cualificacións. Tfnos: 981-546840   981-541562   981546808      ctb.igcualif@xunta.es

-          Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono ao 982-559109.
Emprego 10-Enero-2023 14:00