Desde o Concello de Ourol informase que debido as circunstancias meteorolóxicas adversas producironse desperfectos importantes no firme da estrada provincial LU-P-3806 "De Ourol a Sisto", circunstancia pola cal non é posible a circulación ou paso de ningún vehículo no tramo de A Rega (Ourol) a Sebrán (Sisto) desta estrada provincial.
Todas as persoas que acudan á parroquia do Sisto deben utilizar como via alternativa a estrada provincial de LU-P-6602 "Da Ruanova por Sisto a Muras" (que vai da parroquia de Bravos á parroquia do Sisto) ou pola estrada de Leganitos (concello de Muras) a Sebrán. Dita restricción de circulación manterase así ata que se produza o arranxo destes importantes desperfectos na referida vía. |
Info General 18-Enero-2023 11:43
|