Ourol Informa
AXUDAS PARA ACTUACIÓNS DE CORRECCIÓN DE IMPACTOS PAISAXÍSTICOS DESTINADAS A PARTICULARES

OBXECTO:

Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:

a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.

b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas

c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos


REQUISITOS:

Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións subvencionadas.

Só caberá presentar unha solicitude por persoa. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.

A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade.

 
GASTOS SUBVENCIONABLES:

-          Gastos necesarios para a axeitada execución das actuacións subvencionadas

-          Gastos correspondentes a honorarios facultativos pola redacción dos proxectos técnicos.

-          Os tributos serán gasto subvencionable cando a persoa beneficiaria da subvención os aboe efectivamente.

 
CONTÍA DA SUBVENCIÓN:

O importe da subvención será do 70% do orzamento do investimento subvencionable, co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.


PRAZO E SOLICITUDES:

Ata o 17 de febreiro de 2023, ou ata o esgotamento do crédito, téndose en conta a orde cronolóxica de entrada das solicitudes.

INFORMA: 

Resolución do 21 de novembro de 2022 do Instituto de Estudos do Territorio (DOG nº 11 de data de 17/01/2023)

Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109
Emprego 01-Febrero-2023 12:52