02-Febrero-2023 13:38
BENEFICIARIOS:
a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial
b) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES:
Os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo:
B1 - Caldeiras que utilicen leña.
B2 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l.
B3 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l.
Serán subvencionables:
a) O equipamento principal de xeración enerxética
b) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas.
c) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema.
d) O custo do sistema de almacenamento e alimentación do combustible.
e) O custo de montaxe e conexión.
PRAZO SOLICITUDE BENEFICIARIOS:
Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas.
As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.