BENEFICIARIOS: a) Persoas físicas propietarias de calquera dereito sobre un inmoble residencial b) Agrupacións de persoas físicas, privadas sen personalidade. CONCEPTOS SUBVENCIONABLES: Os proxectos de biomasa que se subvencionarán son os do grupo: B1 - Caldeiras que utilicen leña. B2 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible inferior a 3.000 l. B3 – Caldeiras de pellets con volume de acumulación de combustible maior ou igual a 3.000 l. Serán subvencionables: a) O equipamento principal de xeración enerxética b) O custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas. c) Resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento de sistema. d) O custo do sistema de almacenamento e alimentación do combustible. e) O custo de montaxe e conexión. PRAZO SOLICITUDE BENEFICIARIOS: Na páxina web do Inega (www.inega.gal) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras adheridas á convocatoria de axudas. As entidades colaboradoras adheridas serán as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) só se admite a tramitación electrónica.
CONTÍA MÁXIMA DAS AXUDAS: A contía da axuda será do 50 % do investimento elixible da instalación. A contía máxima da axuda por proxecto será de 8.000 € INFORMACIÓN: INEGA. DOG nº 12 do 18 de xaneiro de 2023. Teléfono de información: 981-541500 www.inega.gal No correo electrónico: inega.info@xunta.gal |
Emprego 02-Febrero-2023 13:38
|