A partir do 15 de febreiro e ata o día 31 de marzo de 2023 pódese presentar a solicitude da axuda de 200€ da Axencia Tributaria.
PERSOAS BENEFICIARIAS: - Persoas físicas que durante o execicio 2022 realizasen unha actividade por conta propia ou allea pola cal estean dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade, ou foran beneficiarios da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2022 percibiran ingresos integros inferiores a 27.000€ anuais, e tiveran un patrimonio inferior a 75.000 anuais a 31 de decembro de 2022. - Non terán dereito a esta axuda aquelas persoas que a 31 de decembro de 2022, perciban o ingreso mínimo vital ou sexan Pensionistas da Seguridade Social ou de Clases Pasivas. IMPORTANTE: A solicitude da axuda só pode presentarse a través da Sede Electrónica da Axencia Tributaria, para o cal é preciso dispoñer do certificado dixital ou acreditarse con Cl@ve. Se non dispón de ningún destes métodos de identificación, o MARTES DÍA 14 ás 11:00 h. no Salón de Plenos do Concello, haberá unha charla informativa impartida por funcionarios da Administración do Estado para o asesoramento en trámites e xestións e a obtención destes medios de identificación. Para máis información pode acudir ó Departamento de Servizos Sociais ou chamar ó teléfono 982559109 ou 677489457 |
Servicios Sociales 10-Febrero-2023 12:35
|