20-Febrero-2023 18:16
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres día 24 de febreiro ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre OS SERVIZOS DE TELEFONÍA E INTERNET.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.
Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC:
https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo 15707 Santiago de Compostela Teléfono: 881 999 091