Ourol Informa

A catedrática de Química Inorgánica da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela, Mª Isabel Fernández García, estará en Ourol o vindeiro día 9 de marzo ás 18:00 h para falarnos do seu libro “Pioneiras da ciencia en Lugo” e sobre todo de tres mulleres de Ourol pioneiras en ciencias: Remedios Vázquez García, Segunda Vázquez García e Aurora Chao Quintana.

Neste libro recóllese a vida académica e laboral de 62 mulleres pioneiras no eido da ciencia que foron abrindo camiño para as que viñeron despois. Con este traballo a autora pretende visibilizar a situación da muller na universidade  e sobre todo nas ciencias e poñer en valor o seu traballo e a súa contribución para acadar a igualdade da muller.

Este encontro será no Edificio Multiusos de Ourol.


Archivos adjuntos:
Biblioteca 01-Marzo-2023 13:01