Están aprobadas e expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante concurso-oposición de dez peons forestais a xornada parcial (75 %) no Concello de Ourol ao abeiro do programa de fomento do emprego, incluído no Plan Provincial Único de Cooperación dos Concellos 2022 da Excma. Deputación Provincial de Lugo.
Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción a xornada parcial (75 %) cunha duración de 6 meses. O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 6 ao 10 de marzo de 2023 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 02-Marzo-2023 10:33
|