A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é
un recurso de conciliación da vida familiar e laboral. Baixo o lema
O verán que sempre vas lembrar, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as seguintes accións:
-
Campamentos en Galicia. Prazo de presentación de solicitudes: desde o 18 de abril ata o 2 de maio
- Os formularios de solicitude estarán dispoñibles na sede electrónica o día de apertura do prazo de presentación.
-
Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
-
Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
-
Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
-
Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
-
Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades.