12-Abril-2023 11:43
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE. Polo que os venres de abril ás 12.30 celebraremos a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre:
- NOVIDADES NORMATIVAS EN MATERIA DE CONSUMO o venres 14 de abrilFarase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que se teñan en materia de consumo.
- GARANTÍAS E SERVIZOS POSTVENTA o venres 21 de abril
- O BONO SOCIAL ELÉCTRICO E O BONO TÉRMICO o venres 28 de abril.