Están expostas as bases de selección dun Monitor/a de Atención Sociosanitaria do Obradoiro dual de emprego Terras do Sor VI para cubrir a baixa da titular polo período restante e ata a finalización do dito obradoiro (18-09-2023) A selección realizarase o día 28 de abril de 2023 entre os candidatos/as que envíe a Oficina de Emprego de Viveiro, polo que as persoas interesadas deberán pasar pola Oficina de Emprego de Viveiro para anotarse. Información: No Concello de Muras ou no Concello de Ourol a través do Axente de Emprego As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 17-Abril-2023 13:27
|