Este sábado día 13 temos o V Rallye Mariña Lucense:
Parroquias afectadas: Xerdiz e Ourol O tramo no noso concello: Saldrá da Taberna de Xerdiz e rematará en Juan Blanco (300 metros antes da antiga taberna), e omesmo que o ano pasado. Vías afectadas: LU - 3804: De Belsar a praza do Viveiró LU - 3811: Dende o salero do cruce de As Rabiñas ata Juan Blanco. Estas estradas estarán cortadas dende as 14:30 horas ata as 22:30 da noite. Por eso rogamos as persoas habituales desas estradas; que busquen rutas alternativas (nese tramo horario) e se organicen con antelación. O tramo ten unha lonxitude de 12 kilómetros, saldrá da Taberna de Xerdiz; en dirección ó Viveiró, ata o cruce das Rabiñas situado xunto ó salero; onde se desvían dirección Juan Blanco. O tramo terá duas pasadas: Na primeira pasada o primeiro coche saldrá as 15:43. Na segunda pasada o primeiro coche saldrá as 19:17. Estamos ante un evento deportivo de alto nivel; cos mellores pilotos de rallyes de Galicia; por iso animamos a todolos veciños á asistir, así como a extremar as precaucións, respetar a sinalización (nunca poñerse onde pon prohibido público) e as indicacións dos comisarios e personal da proba. Chegar con antelación ó punto onde desexamos colocarnos, e sobretodo colocarnos en lugares fora de peligro. |
Protección Civil 10-Mayo-2023 16:06
|