Ourol Informa

OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL:

2 AUXILIARES DE FOGAR. XORNADA PARCIAL (75 %)

 

Están expostas as bases para a contratación laboral temporal, mediante oposición de dous/dúas auxiliares de fogar a xornada parcial (75 %)

Tipo de contrato e duración: Contrato de traballo temporal por circunstancias da producción e a súa duración será do 15 de xuño ao 29 de setembro de 2023.

O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 31 de maio ao 7 de xuño de 2023 (ambos inclusive)

Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.

As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es 

Emprego 30-Mayo-2023 13:16