Ourol Informa
BENEFICIARIOS:

Persoas físicas propietarias, usufructuarias ou arrrendatarias de vivendas.

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

Son actuacións subvencionables aquelas que se realicen en vivendas, que constitúan o domicilio habitual e permanente das persoas propietarias, usufructuarias ou arrendatarias no momento de solicitar a axuda, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a)      Conseguir unha reducción da demanda enerxética anual global de calefacción e refrixeración de, polo menos o 7 %; ou unha reducción do consumo de enerxía primaria non renovable de, polo menos un 30 %; ou no caso de actuacións de modificación ou substitución de elementos construtivos da envolvente térmica, adecuar as súas características aos valores límite de transmitancia térmica e de permeabilidade ao aire, cando proceda.

b)      Cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación e contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas non caso de que estas as requiran.

c)       As actuacións non poderán estar iniciadas antes do 1 de febreiro de 2020, nin estar finalizadas no momento da publicación desta convocatoria no DOG (15/06/2023)

AXUDAS:

O importe da subvención será do 40 % do custo da actuación, cun límite de 3.000 €      

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES:

Ata o 2 de outubro de 2023 ou ata o esgotamento do crédito orzamentario.

INFORMACIÓN:

Resolución do 1 de xuño de 2023 do Instituto Galego da Vivenda e Solo, DOG nº 113 de 15 de xuño de 2023.

Para máis información poden acudir ao Concello de Ourol a través do Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, en horario de 9:00 a 14:00 horas ou ben chamar ao teléfono 982-559109.

Emprego 15-Junio-2023 13:50