12-Julio-2023 09:59
OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL:
1 LIMPADOR/A. XORNADA PARCIAL (50 %)
Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada parcial (50%)
Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal coa duración de 2 meses en horario de 9:00 h a 13:00 h. Data de inicio: 1 de agosto de 2023
O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 13 ao 19 de xullo de 2023 (ambos inclusive)
Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109.
As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es