OFERTA EMPREGO CONCELLO DE OUROL: 1 LIMPADOR/A. XORNADA PARCIAL (50 %) Están expostas as bases para contratación laboral temporal, mediante oposición de unha praza de limpador/a de edificios municipais no Concello de Ourol a xornada parcial (50%) Tipo de contrato: Contrato de traballo temporal coa duración de 2 meses en horario de 9:00 h a 13:00 h. Data de inicio: 1 de agosto de 2023 O prazo de presentación de instancias estará aberto desde o 13 ao 19 de xullo de 2023 (ambos inclusive) Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 12-Julio-2023 09:59
|