Con motivo da seca que estamos sufrindo as reservas de auga dos abastecementos municipais de todo o Concello de Ourol están comenzando a escasear, presentandose un nivel de auga mínimo nas captacións.
Co fin de garantir o abastecemento para as necesidades básicas de persoas, animais e funcionamento de negocios PROHÍBESE, ata novo aviso, a utilización de auga potable das traídas municipais para os usos non prioritarios como son: - Regar xardíns - Enchido de piscina ou similares - Limpeza de vehículos ou espazos ao aire libre - Calquera outro uso que non responda a necesidades básicas de persoas ou animais Así mesmo, apelase a corresponsabiliade cidadá para facer un consumo racional e limitar no posible o consumo de auga. Archivos adjuntos: |
Abastecimientos de agua 07-Agosto-2023 18:16
|