11-Septiembre-2023 13:48
PROGRAMA ENREDANDO
Trátase dunha inciativa que Cruz Vermella está achegando a distintos concellos da provincia de Lugo.
O obxectivo é realizar unha serie de talleres dirixidos ás persoas maiores con motivo de facilitarlles o uso das novas tecnoloxías. Para iso dispoñen dunha furgoneta completamente equipada con todo tipo de dispositivos móviles.
Os talleres versarán sobre distintos tema de interese, por exemplo: ensinarlles a usar as aplicacións de banca móvil, pedir cita co médico a través do móvil, ensinarlles a usar un navegador, uso de whatsapp, etc..
Visitarán o noso Concello o vindeiro venres día 15 de setembro e terán instalada a súa furgoneta na explanada situada detrás do Concello dende as 11:00 ás 14:00 h., para que calquera persoa interesada poda achegarse.
Non se precisa inscrición previsa.